Falece unha mulller tras caer ao mar en Sada
Falece unha mulller tras caer ao mar en Sada
Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou o corpo e trasladouno ata o peirao
Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron este venres o corpo sen vida dunha muller no porto de Sada.
Na súa conta de redes sociais, o servizo de emerxencias 112 informou dunha muller falecida tras caer ao mar en Sada e do posterior rescate do corpo.
En concreto, segundo Salvamento Marítimo, pouco antes das 10:30 horas persoal do porto de Sada deu o aviso da presenza dunha persoa flotando na auga, "na praia asfáltica", precisaron.
Unha embarcación auxiliar da Sar Gavia procedeu ao rescate do corpo e trasladouno ao peirao. Agora a Garda Civil investiga as causas.
🔴 #AXEGAInforma dunha muller falecida tras caer ao mar en #Sada.
— 112Galicia (@112Galicia) April 14, 2023
Unha embarcación de @salvamentogob rescatou o corpo da muller e trasladouno ata o peirao.
A @guardiacivil investiga as causas do suceso. pic.twitter.com/BZyjsWxFOP