Cargando resultados...
Falece atropelado na A-6 cando axudaba a unha furgoneta avariada
Falece atropelado na A-6 cando axudaba a unha furgoneta avariada
A vítima, de 31 anos e veciño de Baralla, foi atropelada por un camión á altura do Corgo
G24.gal
07/03/2024 22:42
Última actualización 08/03/2024 00:25
Un home de 31 anos, veciño de Baralla, na provincia de Lugo, faleceu este xoves pola noite ao ser atropelado por un camión mentres rescataba unha furgoneta avariada na autovía A-6, ao seu paso polo termo municipal do Corgo.
Segundo informaron fontes da Garda Civil de Lugo, o aviso recibiuse sobre as 21:40 horas, á altura do punto quilométrico 475,500 da autovía A-6.
O home era condutor dun camión porta-vehículos e morreu atropelado por un camión articulado mentres rescataba unha furgoneta avariada.