Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falta man de obra cualificada na construción e no sector naval

Falta man de obra cualificada na construción e no sector naval

Calculan que faltan seis mil traballadores na construción e outros 1.200 no sector naval

O maior problema é a falta de remuda xeracional 

G24.gal 04/01/2022 21:47

Coa falta de man de obra cualificada na construción e no naval os expertos din que se podería frear a recuperación de dous sectores estratéxicos da nosa economía.

A construción necesita man de obra cualificada de forma urxente. Un dos grandes problemas aos que se enfrontan é a falla de remuda xeracional. Nos próximos anos prevén que se xubilen na nosa comunidade 1.300 traballadores. Se a isto lle engadimos o aumento da actividade produtiva tras a pandemia e a chegada dos fondos europeos de recuperación, as necesidades de persoal multiplícanse exponencialmente.

Fernando García, xerente da Fundación Laboral da Construción de Galicia: "Co impacto dos fondos europeos poderiamos estar a falar de 6.000 traballadores, sen telos en conta poderiamos falar de que fan falla uns 3.500 traballadores".

Outro sector en que falta man de obra especializada é o do metal. Calculan que nos próximos dous anos necesitarán incorporar 2.000 traballadores, 800 deles de forma inmediata. Unha necesidade de persoal que se concentra sobre todo no naval.

Enrique Mallón, secretario, xeral da Asociación de Industrias do Metal de Galicia: "Falamos aproximadamente de 1.200 persoas que necesitariamos nos anos 22 e 23 motivado polas fragatas F-110 de Ferrol e tamén queremos pensar que motivado pola recuperación do naval privado".

Dende o sector alertan da perda de proxectos nacionais e internacionais por falla de man de obra cualificada; algo que segundo din, non nos podemos permitir ante a chegada dos fondos europeos de recuperación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade