Faltan antibióticos, ansiolíticos e benzodiazepinas nas farmacias
Faltan antibióticos, ansiolíticos e benzodiazepinas nas farmacias
Os laboratorios prefiren exportar porque é máis rendible
Nos andeis das farmacias españolas véndense 14.000 fármacos en 30.000 presentacións. Somos un dos países que máis fármacos consome e que máis baratos os paga por iso a industria farmacéutica prefire exportalos que vendelos aquí. Isto xunto con algún problema de produción está causando que falten nas boticas antibióticos, benzodiacepinas, xaropes ou produtos para a disfunción eréctil ou a dismenorrea.
A Axencia Española do Medicamento dá conta na súa web dos fármacos que van ir escaseando para que os médicos e os enfermos opten por outras presentacións. Algo que obriga ás veces os doentes a volver solicitar consulta ou a afacerse a un novo fármaco que non os convence tanto.
A Axencia Española do Medicamento pode tamén en casos extremos prohibir ou restrinxir a exportación dos fármacos.