Publicador de contidos
Publicador de contidos

A patronal galega do transporte asegura que en Galicia non haberá paro

A patronal galega do transporte asegura que en Galicia non haberá paro

O secretario xeral de FEGATRAMER, José Carlos García Cumplido, prevé que o paro do transporte que organizou a Plataforma Nacional a partir do domingo á noite non terá repercusión ningunha

G24.gal 08/11/2022 09:39

A patronal maioritaria de camioneiros de Galicia, FEGATRAMER, prevé que o paro do transporte que organizou a Plataforma Nacional a partir do domingo á noite non terá repercusión ningunha.

O secretario xeral de FEGATRAMER, José Carlos García Cumplido, asegurou na Radio Galega que as súas preocupacións agora son outras: o estado das autovías e o prezo do gasóleo. 

"Nós consideramos que é unha convocatoria irresponsable que non corresponde a ningunha cuestión obxectiva neste momento. Pensamos que en Galicia non vai ter maior impacto. Ningunha das organizacións asentadas en Galicia promove este tipo de actuación e pensamos que vai haber unha prestación de servizo con absoluta normalidade". 

"Entendemos que en Galicia non vai haber paro. A nosa preocupación pasa por outras cuestións, como son os problemas que temos no acceso a Galicia porque temos as dúas arterias principais nunha situación moi deostable, tanto a A-6, co problema de todos coñecido, como sobre todo tamén a situación de falta de conservación absoluta da a-52, que fai inviable a circulación para os camións. Isto, xunto co prezo do gasóleo, son as cuestións que nos están a preocupar".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade