Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo a Sánchez nun mitin en Bilbao: "O lodo é vostede, non nós"

Feijóo a Sánchez nun mitin en Bilbao: "O lodo é vostede, non nós"

O PP pide concentrar o voto no seu candidato para evitar que goberne Bildu

O PSE asegura que Bildu só son independentistas e o PNV acúsaos de ser os do non

Feijóo este domingo no mitin de Bilbao
G24.gal 14/04/2024 14:29 Última actualización 14/04/2024 16:39

Alberto Núñez Feijóo participou este domingo en Bilbao no mitin da campaña electoral vasca que encara a última semana. No acto, e en resposta a unha afirmación de Pedro Sánchez, o líder do PP dixo que a "nada e o lodo" é o presidente do goberno.

"Unha das ocorrencias desta semana foi falar da nada e o lodo, eu desde os escanos entendín o NODO porque vaia publirreportaxes que se manda o señor Sánchez e emíteos, cos fondos que pagamos todos, nas súas canles de televisión. Señor Sánchez, o lodo é vostede nós non".

O presidente do Partido Popular afirma que aos socialistas non lles interesa Euskadi, só o goberno de España. Cre que nestas eleccións o PNV e o PSE están en decadencia e pediu concentrar o voto no PP para evitar que goberne Bildu.

O candidato socialista a lehendakari, Eneko Andueza, nun acto coas xuventudes de partido, pediulles aos votantes que non se deixen enganar polo que chamou cantos de serea.

"Porque Bildu non é de esquerdas é independentista e o seu obxectivo, se chega ao goberno, é a independencia. Que non enganen, que nos coñecemos todos, que poden quitar a responsabilidade que queiran, pero aquí non coa".

Tamén o candidato do PNV, Imanol Pradales, advirte contra os que nunca arrimaron o ombreiro e sempre din non ao progreso.

"Euskadi puntúa o máis alto calidade de goberno, de confianza institucional, feitos e datos que desmontan outros relatos".

Unha enquisa publicada este domingo pola televisión vasca, dálle a vitoria nas eleccións do próximo domingo a EH Bildu, tanto en votos como en escanos.

O PNV perdería catro ou cinco deputados e sería a segunda forza seguida do PSE e do PP. A mesma enquisa recolle un 30 % de indecisos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade