Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo agarda que a conferencia de presidentes "non quede nunha foto"

Feijóo agarda que a conferencia de presidentes "non quede nunha foto"

O titular da Xunta espera un acordo "sólido con recomendacións ou obrigas"

G24.gal 19/12/2021 18:06

O presidente da Xunta agarda que a vindeira conferencia de presidentes "non quede nunha foto" e que dela saian recomendacións ou obrigas consensuadas entre as comunidades que garantan unhas festas cos menores contaxios posibles.

Alberto Núñez Feijóo ve oportuna a reunión pero agarda que de aquí ao mércores os responsables de sanidade das comunidades traballen nun documento para que desa xuntanza saia un acordo -di- sólido.

"... Ao obxecto de recomendar, opción unha; ou de sacar algunhas obrigas, opción dúas, para garantir estas festas co menor contaxio posible. Se somos convocados para outra foto máis será unha ocasión perdida".

Segundo avanza o presidente, a Xunta insistirá nesa reunión na necesidade dunha lei de pandemias e dun fondo covid nos orzamentos do ano que vén.

"Lamentablemente o Goberno nunca quixo aceptar o pasaporte covid e os presidentes de todas as cores estamos peregrinando aos Tribunais Superiores de Xustiza para estendelos no noso ámbito territorial. E tamén son partidario de que haxa unha continxencia no orzamento do ano 2022 para o gasto que supón seguir xestionando a pandemia".

Feijóo avisa que só así será unha reunión frutífera, e non como a última de Salamanca, que, di, non tivo contido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade