Feijóo agarda que os partidos estean á altura para garantir a estabilidade en Castela e León
Feijóo agarda que os partidos estean á altura para garantir a estabilidade en Castela e León
O PSdeG e o BNG poñen o foco no perigo do avance da extrema dereita
Desde Galicia, os socialistas cren que o PP errou na súa estratexia de convocatoria anticipada, aínda que recoñecen o mal resultado do PSOE. O secretario xeral do PSdeG, Luís Álvarez dixo que é unha "verdadeira traxedia" o avance de Vox, e cre que o Partido Popular "só conseguiu fortalecer á extrema dereita".
O BNG puxo tamén o foco no ascenso de Vox. A voceira nacional do Bloque, Ana Pontón, amosou a súa preocupación polos resultados en Castela e León. Pontón dixo que "se lle abres a porta acaba entrando" sinalando as forzas que axudaron "a branquear a extrema dereita", e cre que o PP debería reflexionar.
Nas filas do PPdeG entenden que estes comicios son un revés para os dous partidos que están no Goberno de España. O presidente da Xunta di que agarda que todos os partidos estean á altura para garantir a estabilidade política en Castela e León. Para Alberto Núñez Feijóo, a incógnita é saber que van facer os socialistas.
De todos os xeitos, Feijóo dixo estar convencido de que a rexión seguirá co "mellor presidente".