Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo destaca a "revolución silenciosa" da FP: 4 de cada 5 alumnos atopan traballo

Feijóo destaca a "revolución silenciosa" da FP: 4 de cada 5 alumnos atopan traballo

A Xunta vai aprobar no Consello deste xoves unha nova estratexia para potenciar os centros de referencia

Moitos ciclos de FP teñen unha taxa de inserción do 90 %

Feijóo visita o CIPF Compostela, en Santiago
G24.gal 07/02/2022 14:46

Catro de cada cinco alumnos de FP atoparon emprego o ano pasado; e na FP Dual, todos. Traballan en Galicia o 95 % deles.

Na última década a matrícula de alumnos galegos en Formación Profesional aumentou un 70 %. Son datos que destacou hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación do informe sobre a inserción laboral da FP galega.

"A Formación Profesional ten experimentado nos últimos anos unha revolución silenciosa que ten catapultado o prestixio da FP, a súa empregabilidade e a adaptación á realidade da sociedade. A FP é a formación que mellor se adapta ao mundo actual", afirmou o presidente da Xunta. 

Di Feijóo que cómpre felicitar os docentes, porque sen o seu compromiso nada disto sería posible. A FP pode competir coa das principais rexións europeas, e nese afán a Xunta vai aprobar no Consello deste xoves unha nova estratexia para potenciar os centros de referencia e para adaptala aínda máis ao mercado laboral, á dixitalización e á colaboración coas empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade