Feijóo di que o PP defenderá o Estado e cualifica a Sánchez de "caricatura de presidente"
Feijóo di que o PP defenderá o Estado e cualifica a Sánchez de "caricatura de presidente"
O presidente do Partido Popular di que o Goberno está acabando coa imaxe internacional de España
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, cre que faltan explicacións sobre o caso Pegasus, que provocou o cesamento da directora do CNI. Feijóo defende que o PP está comprometido coa seguridade nacional e que vai exercer unha "política de Estado".
Nunha comparecencia en Santiago o líder da oposición dixo que PP defenderá os intereses xerais cunha política "seria e responsable". Acusou tamén o Goberno de estar acabando coa imaxe internacional do Estado e afirmou que estamos asistindo a unha "autoinmolación do executivo que está danando seriamente España".
Feijóo insistiu en que Pedro Sánchez puido elixir pactar co PP e preferiu facelo cuns socios que demostran que son, di Feijóo, insaciables.
"Ver un presidente do Goberno desorientado, superado polos acontecementos, pillado nas súas propias contradicións e chantaxeado unha vez máis polos seus socios independentistas é unha caricatura de presidente que os españois non merecemos. Eu comparezo para describir o que os españois saben e para comprometerme coas políticas de Estado. Imos defender o Estado dende a oposición".