Feijóo lanza unha ofensiva en concellos e comunidades contra a amnistía
Feijóo lanza unha ofensiva en concellos e comunidades contra a amnistía
Sumar propón a Zapatero coma mediador na negociación entre Sánchez e Puigdemont
Os independentistas advirten que a amnistía é "só o comezo"
Diada en Cataluña e volveuse evidenciar a distancia entre Esquerra Republicana e Junts per Catalunya. Os dous bloques independentistas non se poñen dacordo en como afrontar a etapa de negociación con Pedro Sánchez. Esta mañá, uns e outros lanzáronse reproches mutuos.
Os Puigdemont piden non caer na "inxenuidade" e avisan que queren cobrar "por adiantado" por que non se fían "deste Estado, nin das súas palabras". Junts recupera o seu ton máis belixerante e reivindica unilateralidade. Jordi Turull, secretario xeral de Junts, recoñeceu que hai conversas pero asegurou que a negociacións aínda non arrancou.
Desde Esquerra avisan da importancia do momento e "de ser decisivos no goberno da nación" e chaman a traballar "coa máxima complicidade para defender os obxectivos que queremos cumprir", entre os que menciona a amnistía, a autodeterminación, pero tamén aquelas cuestións do día a día.
Sumar propón ao expresidente Zapatero como mediador. Quere que sexa a figura que interceda entre Sánchez e Puigdemont para facilitar o acordo e o arranque da investidura. Pero recoñecen que van mal de tempo. Admiten que "sería forzar moito a máquina" para poder chegar a pechar a lei de amnistía antes da investidura.
Os socialistas manteñen a discreción. Din que "este aínda é o momento de Feijóo" e que cando pase esta "investidura frustrada", comezará o tempo de Pedro Sánchez. E xa avisan que as negociacións se van levar con moita discreción para "asegurar o éxito".
Feijóo reuniu este luns a xunta directiva nacional para fixar a folla de ruta de aquí ao pleno de investidura e anunciou unha ofensiva en toda España contra a amnistía. Non se "pode reescribir a historia", di o presidente do PP que ameaza con acudir á xustiza "se se confirma este despropósito"