Feijóo: " O Goberno acerta ao copiar as medidas do PP pero equivócase en non ir máis aló"
Feijóo: " O Goberno acerta ao copiar as medidas do PP pero equivócase en non ir máis aló"
O líder do PP considera un acerto a baixada do IVE da luz
Pídelle ao goberno axustar o IRPF ás rendas medias e baixas e reducir o gasto do Goberno
Tamén lle pide traballar para suspender o imposto de hidrocarburos
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo acusa o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de "copiar" as medidas do PP no novo paquete anticrise, tras o "castigo" das eleccións andaluzas este mes.
Na súa conta de Twitter, o líder do PP destacou que "o Goberno acerta ao copiar as medidas do Partido Popular no consello de ministros para baixar o IVE da luz e axudar aos vulnerables" pero "equivócase en non ir máis aló".
Tras el varapalo en Andalucía, el Gobierno acierta al copiar las medidas del PP en el #CMin para bajar el IVA de la luz y ayudar a los vulnerables, pero se equivoca en no ir más allá.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) June 25, 2022
Está a tiempo de asumir el resto de medidas y ayudar de verdad a los españoles.
Feijóo pediulle ao Goberno axustar o IRPF a rendas medias e baixas, reducir o gasto do Goberno "máis caro da historia" e traballar para suspender o imposto de hidrocarburos e que "baixe así o prezo da gasolina como propuxemos".