Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pide "airear A Moncloa" polo caso Aldama e desde o PSOE din que están tranquilos

Feijóo pide "airear A Moncloa" polo caso Aldama e desde o PSOE din que están tranquilos

O líder do PP sostén que é necesario abrir as fiestras da Moncloa e acabar coa "corrupción sistemática"

 O ministro socialista Óscar López asegura que o Goberno está tranquilo e que Aldama é outro "pequeno Nicolás"

G24.gal 23/11/2024 15:04

O líder do Partido Popular explicou desde Murcia que quen apoia a Sánchez xa non é un en socio de goberno, senón un encubridor da corrupción. Para Núñez Feijóo chegou a hora de airear os trapos sucios da Moncloa.

"É necesario abrir ventás porque hai un certo cheiro a podre no palacio da Moncloa. É necesario abrir portas para que saia o que sobra aí e entre un cambio da man dos españois", indicaba Feijóo, ao tempo que pedía castigar "a corrupción e a mentira".

Mentres, o ministro socialista Óscar López destaca que no Goberno non están preocupados polas declaracións de Aldama e sobre Feijóo di que é un "líder fracasado".

 "O señor Aldama pensa que é James Bond e parécese moito máis ao pequeno Nicolás... pequeno Nicolás segunda parte. Preocupación ningunha e o señor Aldama terá que responder ante os tribunais de todos os infundios e todas as mentiras que lanzou sobre persoas inocentes".

Desde Podemos e Vox as versións sobre este caso son, naturalmente, moi diverxentes:

"É moi importante distinguir o gran da palla e a realidade é que Aldama fixo acusacións moi graves contra moita xente sen proba ningunha", sinalou Ione Belarra desde o partido morado.

 "Denunciar unha vez mais como o Goberno da nación non dimitiu, un Goberno que destapou a súa peor cara, que actuou como unha organización criminal e como unha mafia", declaraba Ignacio Garriga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade