Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pídelle a Sánchez que "recapacite" e non ceda ás esixencias de Puigdemont

Feijóo pídelle a Sánchez que "recapacite" e non ceda ás esixencias de Puigdemont

O líder do PP adianta que intentará unha segunda reunión con Sánchez antes da investidura para "non meterse en máis problemas"

O candidato do PP está a catro votos da maioría absoluta, pero dá por feito que non os acadará

Feijóo certificou o apoio de Coalición Canaria á súa investidura con Fernando Clavijo
G24.gal 06/09/2023 14:17

Feijóo vai completando etapas da súa axenda como candidato á presidencia do Goberno. Amarrou os votos de Vox hai 24 horas e, esta mañá, certificou tamén os de Coalición Canaria.

Un si que, sumado ao de UPN, asegúranlle 172 votos na investidura, pero non son dabondo. Faltan os catro votos claves. 

Coas portas a Junts pechadas, só ten dúas alternativas: convencer ao PNV, opción improbable, ou que os socialistas acepten a oferta do PP, opción máis difícil aínda. 

Coas cartas boca arriba a pregunta é: agora que? Di Feijóo que o seu "obxectivo é falar con todos os que queiran falar, pero sabendo que teño un límite. O límite é que non vou incumprir a lei".

As contas non cadran e todo apunta que seguirán sen cadrar de aquí ao 26 de setembro, día fixado para o debate de investidura. 

O líder do PP di non entender que os socialistas estean dispostos a negociar con Puigdemont porque "eu non podo aceptar que a democracia española sexa igual a unha ditadura".

Pero si admite que o problema catalán necesita un encaixe. Ese encaixe, segundo di, será "a través dun pacto de Estado ou non será. Farase de acordo coa lei ou non se fará".

E insiste en pedirlle a Pedro Sánchez que recapacite e asine un grande acordo PP-PSOE.

"A miña man tendida ao PSOE segue agora, se cabe, con máis intensidade", di o candidato do PP, que eleva a presión sobre os socialistas.  

De manterse a negativa, Feijóo intentará volver verse con Sánchez antes da investidura "para intentar que, entre todos, lles busquemos solucións aos problemas de España e non nós metamos en máis problemas" 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade