Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo promete volver o ano que vén á romaría no Pino xa como presidente de España

Feijóo promete volver o ano que vén á romaría no Pino xa como presidente de España

O presidente do PP clausura o acto neste concello coruñes xunto a Alfonso Rueda

Feijóo di que o goberno está moi nervioso e anima a Sánchez a adiantar as xerais

Feijóo e Rueda na romaría do PP no concello do Pino
G24.gal 29/04/2023 19:21 Última actualización 29/04/2023 19:32

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, clausurou, xunto a Alfonso Rueda, a romaría que o partido celebra cada ano no concello coruñés do Pino. Tras criticar a xestión de Pedro Sánchez en política de vivenda ou pola lei de só si é si, Feijóo mostrouse convencido de que o PP gañará as eleccións de maio, e comprometeuse a volver o ano que vén ao mesmo lugar pero xa como presidente do Goberno de España.

Nun acto que o alcalde do Pino cualificou como o pistoletazo de saída da campaña electoral, Alberto Núñez Feijóo queixouse das críticas que recibe por parte dos membros do Goberno de Pedro Sánchez. O líder do PP cre que deberían estarlle agradecidos por salvalos, dixo, da maior chapuza lexislativa que foi a lei de só si é si. E animou a Pedro Sánchez a vir a Galicia a aprender e non a insultar.

"Se se fixase en Galicia aprendería a facer política de vivenda seria e con resultados e abandonaría os anuncios dos peixes e os pisos"

"E se o tal Feijóo é tan malo, por qué están tan nerviosos?  Por que insultan tanto? Se están encantados comigo, que convoquen as eleccións xa, facémolas todas o 28 de maio, as municipais e as xerais"

Feijóo asegura que a partir do 28 de maio todo cambiará e comprometeuse a axudar os candidatos do partido a gañar en toda España.

"Comprométome, coa axuda de todos os compañeiros do PP de Galicia e do PP de España a volver o ano que vén a esta romaría como presidente do Goberno de España, ímolo conseguir entre todos, A Coruña nunca fallou, deume maiorías absolutas en Galicia e Galicia non fallará e darános o goberno de España, vamos!".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade