Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos, satisfeito coas medidas de Sánchez, que non covence a oposición

Podemos, satisfeito coas medidas de Sánchez, que non covence a oposición

Belarra: "Reorientamos o rumbo do Goberno"

Os socios de investidura consideran insuficientes as propostas, mentres que PP, Vox e Ciudadanos cualifican de insultante e irreal o discurso do presidente

Feijóo senta no hemiciclo pola súa condición de senador, pero non poderá intervir

G24.gal 12/07/2022 12:14 Última actualización 12/07/2022 15:16

O líder popular chegaba ao Congreso, onde non pode intervir por non ter escano, cun obxectivo. ("A escoitar, é ao que veño") . Será a voceira do partido a encargada de darlle a réplica a un discurso que cualifica de irreal e irresponsable.

 "É insultante porque pide esforzo aos españois mentres el non está disposto a facer ningún. Brilla pola súa ausencia a autocrítica, propio daquel que goberna dende a soberbia".

Tamén Vox e Ciudadanos critican o contido das propostas. "Un discurso que trae máis gasto, máis ruína, que está afundindo as bolsas...", en palabas de Espinosa de los Monteros. Arrimadas cre que "Como Sánchez non ten saída, busca unha fuxida cara adiante".

O socios do goberno de coalición chegaban ao hemiciclo sen coñecer as propostas de Sánchez. Yolanda Díaz advertía das prioridades. 

"Poñamos no centro o malestar social e económico do país. Traballamos conxuntamente o debate en xeral e descoñezo as medidas que vai anunciar o presidente do Goberno".

 Despois amosaban satisfacción polo paquete de medidas anunciadas polo presidente, malia que botaban algunha en falta. "Hoxe o Goberno comeza a reorientar o rumbo, como viñamos pedindo, e empezamos a recuperar o ritmo de avances sociais", dixo Ione Belarra.

O discurso de Pedro Sánchez non convenceu os seus socios de investidura. Para Rufián "Son cutres porque non son insuficientes. Algunhas soan ben porque son nosas, pero non poden ser temporais".

O BNG reclámalle ao Goberno que atenda as maiorías sociais e cumpra cos compromisos da axenda galega. "A defensa dos intereses do noso país, co cumprimento dos compromisos, especialmente en investimento e infraestruturas".

Ao longo da tarde as forzas políticas responderán dende a tribuna neste exame ao Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade