Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo vai pedir que se poida vacinar antes de que pasen seis meses da segunda dose

Feijóo vai pedir que se poida vacinar antes de que pasen seis meses da segunda dose

O presidente da Xunta reclamará medidas conxuntas se a situación empeora

Gloria Varela-Bodenlle 22/12/2021 15:01

Na Conferencia de presidentes desta tarde, Galicia vai propoñer a volta da máscara obrigatoria en exteriores e máis vacinas para os nenos. 

O presidente da Xunta adiantou que tamén vai solicitar que se poda adiantar a antes dos seis meses  a subministración da terceira dose, da dose de reforzo da vacina contra a covid.

Alberto Núñez Feijóo pide prudencia ante o que chama as tres semanas de maior risco de contaxio e ante unha variante, a ómicron, que cualifica de explosiva.

No que se refire ás ocupacións dos locais de hostalería Feijoo dixo que dependerá moito da evolución dos contaxios nos distintos territorios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade