Felipe Orts métese no medio da festa de belgas e neerlandeses
Felipe Orts métese no medio da festa de belgas e neerlandeses
O ciclista español rematou no segundo posto do Europeo de ciclocrós que se disputou en Pontevedra
O belga Nys gañou na categoría masculina e a neerlandesa Van Empel impúxose na feminina
Felipe Orts logrou unha medalla de prata histórica para o ciclocrós español. O da Vila Xoiosa meteuse entre belgas e neerlandeses acadando o mellor resultado da súa carreira. Foi na proba masculina, a que pechaba unha gran fin de semana na Illa das Esculturas de Pontevedra.
Orts saíu coa máxima ambición, meteuse entre os mellores desde o comezo e soubo elixir a roda boa. Era a de Thibaut Nys, de só 21 anos pero cun enorme potencial para converterse nun dos mellores do mundo. Só o fillo do mítico Sven Nys conseguiu mellorar o rexistro de Felipe Orts. Por detrás Iserbyt, número un do mundo, acabou pendurando o bronce.
O ouro na categoría feminina acabou por terceira edición consecutiva no pescozo de Fem Van Empel (22 anos). Estivo toda a carreira asexando a Alvarado e Brand e deu o golpe de graza nos últimos cincocentos metros.
Para os galegos hai que destacar o resultado de Miguel Rodríguez Novoa, sétimo na categoría sub-23, e o da marinense Lorena Patiño, décima na categoría xuvenil.