Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernando Alonso consegue en Mónaco o mellor resultado da temporada

Fernando Alonso consegue en Mónaco o mellor resultado da temporada

Segunda posición para o asturiano que leva cinco podios nas seis carreiras disputadas

Verstappen gaña con autoridade e aumenta a vantaxe á fronte do mundial

G24.gal 28/05/2023 16:55

Max Verstappen (Red Bull), que saíu desde a primeira liña da grella, reforzou o seu liderado no Mundial de Fórmula Una ao gañar o Gran Premio de Mónaco. Fernando Alonso (Aston Martín) acabou na segunda praza, acadando o seu quinto podio da temporada. Xusto por detrás deles apareceu Esteban Ocon (Alpine) que rematou na terceira posición.  

Verstappen logrou a cuarta vitoria da temporada, a segunda en Montecarlo. A carreira comezou en seco e acabou co chan mollado cos pilotos tendo que xogar á lotaría á hora de elixir os neumáticos. O outro español, Carlos Sainz (Ferrari), acabou de oitavo na carreira máis icónica do campionato. 

Verstappen é o líder con 144 puntos, 39 máis que o seu compañeiro, o mexicano Sergio Pérez. Pérez accidentouse na primeira rolda de cualificación, arrincou no último posto e rematou a proba no 17º posto. 

A vindeira carreira será o Gran Premio de España, que se disputará a vindeira fin de semana no circuito de Montmeló (Barcelona). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos