Fernando Alonso correrá con Aston Martin a partir de 2023
Fernando Alonso correrá con Aston Martin a partir de 2023
"Quero volver gañar", di o piloto asturiano
O piloto español Fernando Alonso, dobre campión do mundo de Fórmula Un, será piloto do equipo Aston Martin a partir de 2023 cun contrato de varios anos, anunciou este luns a escuadra británica.
Nun comunicado, Aston Martin recoñece que a "incrible experiencia de Fernando e o seu brillante ritmo e habilidade en carreira é unha clara declaración de intencións dunha organización que se comprometeu a desenvolver un equipo gañador de Fórmula 1".
Pola súa banda, Alonso mostrouse moi optimista respecto ao futuro: "Este equipo está a aplicar claramente a enerxía e o compromiso para gañar, e por tanto é un dos máis interesantes da Fórmula Un hoxe en día. Coñezo a Lawrence -Lawrence Stroll, presidente executivo de Aston Martin- e a Lance Stroll desde hai moitos anos e é moi obvio que teñen a ambición e a paixón de triunfar na Fórmula Un".
NEWS: @AstonMartinF1 announces Fernando Alonso for 2023.
— Aston Martin Aramco Cognizant F1 Team (@AstonMartinF1) August 1, 2022
We are delighted to confirm that two-time #F1 World Champion @alo_oficial will join the team from next season on a multi-year contract.
Tap below to read more. ⬇️#WeClimbTogether
"Vin como o equipo atraeu sistematicamente grandes persoas con etiqueta gañadora, e son consciente do enorme compromiso coas novas instalacións e recursos en Silverstone, pois ninguén na Fórmula Un actual está a demostrar unha maior visión e un compromiso absoluto coa vitoria, e iso fai que sexa unha oportunidade realmente emocionante para min", asegura o asturiano.
"Sigo tendo a fame e a ambición de loitar por estar á fronte, e quero formar parte dunha organización que está comprometida coa aprendizaxe, o desenvolvemento e o éxito, aínda que todos somos conscientes de que queda moito por facer para chegar e que debemos aplicar todas as nosas enerxías no traballo conxunto para atopar o rendemento", explica o dobre campión do mundo.
"Teño a intención de volver gañar neste deporte e, por tanto, teño que aproveitar as oportunidades que me parezan adecuadas", salientou.