Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernando Alonso estrea a temporada cun podio por detrás dos Red Bull

Fernando Alonso estrea a temporada cun podio por detrás dos Red Bull

O asturiano acabou terceiro co Aston Martin, nunha carreira que gañou Verstappen

Carlos Sainz foi o cuarto no Gran Premio de Bahrein

Foto: EFE
G24.gal 05/03/2023 17:54

Comezou o mundial de Fórmula 1 e as sensacións para os pilotos españois foron inmellorables. Fernando Alonso estivo adiante co seu Aston Martin durante toda a fin de semana e, logo de comezar de cuarto na grella de saída, mellorou unha posición para subir ao podio.

Carlos Sainz acabou xusto por detrás, na cuarta praza do Gran Premio. Foi o único Ferrari na chegada, xa que Leclerc tivo que abandonar a proba.

A carreira estivo dominada polos Red Bull. O vixente campión, Verstappen, comezou o mundial como acabou o anterior, cun triunfo. Así que é o primeiro líder do mundial 2023. No podio escoltouno o seu compañeiro Checo Pérez, ademais de Fernando Alonso, que volve subir ao caixón moito tempo despois. Golpe de autoridade da escudería austríaca, mentres os Mercedes estiveron un chanzo por detrás: Hamilton foi o quinto, e Russell, o sétimo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar