Publicador de contidos
Publicador de contidos

Festa dos Fachós: 500 fachucos de palla iluminan, ardendo, Castro Caldelas

Festa dos Fachós: 500 fachucos de palla iluminan, ardendo, Castro Caldelas

A festa remóntase ao século XVI, unha das máis antigas de Galicia

G24.gal 19/01/2024 21:16 Última actualización 19/01/2024 21:31

A festa empeza co acendido do fachón principal. Co lume del vanse acendendo despois os outros fachucos de palla. Ata 500, que iluminan, ardendo, Castro Caldelas.
A procesión parte do santuario dos Remedios e percorre a zona histórica da vila, rodeando o castelo. 

Participan os veciños, pero tamén visitantes. A procesión dos fachóns é todo un atractivo turístico de Castro Caldelas.

A gastronomía é outra parte importante da festa. Non falta bica típica de Castro Caldelas, licor café e chourizos.

A Festa dos Fachós, que se celebra sempre o 19 de xaneiro, o día antes de San Sebastián, é unha tradición ancestral, da que non está clara a orixe. Existen varias teorías sobre o seu significado, desde a loita contra a peste ata ritos celtas de culto ao sol. Leva séculos celebrándose. A primeira referencia escrita data de 1751.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar