Publicador de contidos
Publicador de contidos

Festa obradoirista na despedida da temporada (102-72)

Festa obradoirista na despedida da temporada (102-72)

Vitoria esmagadora ante o Fuenlabrada

Kassius Robertson consolidouse como o mellor anotador da ACB

O Sar, pendente da decisión de Moncho Fernández

G24.gal 23/05/2023 22:24

O Obradoiro despediu con festa rachada a temporada. Unha campaña na que os obxectivos deportivos estaban cumpridos desde había varias datas e que pode verse redondeada cunha opción europea. 

Enfronte, un Fuenlabrada que xogou o seu último partido de ACB despois dunha mala temporada. Iso aproveitouno o Obradoiro para abrir fenda no primeiro cuarto da man duns irmáns Scrubb moi inspirados (30-16, con 13 puntos de Thomas e 8 de Phil). 

No segundo, a diferenza chegou a ser de dezasete puntos (36-18). O Fuenlabrada tirou de orgullo e rebaixouna levemente pero ao descanso o marcador reflectía un claro 51-36. 

O terceiro cuarto foi o de Kassius Robertson. O mellor anotador da ACB (media de case 18 puntos por partido) comezou a masacrar o rival a base de triplas (12 puntos nese período) e a diferenza rozou os trinta (76-51). O último cuarto, o baloncesto foi o de menos. Cos xogadores e o público gozando de cada acción e cun Sar pedindo a renovación do seu líder Moncho Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos