Publicador de contidos
Publicador de contidos

Filipe VI reúnese en Nova York co secretario xeral da ONU

Filipe VI reúnese en Nova York co secretario xeral da ONU

O monarca recibe o premio Foreign Policy Association en recoñecemento do chamando internacionalismo responsable

G24.gal 26/05/2022 21:13

O rei Filipe VI viaxou este xoves a Nova York, onde se reuniu con membros da Cámara de Comercio e recibirá un premio. Despois de visitar Vigo e Valencia a comezos de semana, a súa maxestade está en Manhattan de viaxe lóstrego para participar en varios actos.

Pola mañá viuse cos membros da Cámara de Comercio España-Estados Unidos. Un foro privado de 500 empresas que promove as relacións económicas entre ambos os países.

Despois reuniuse para xantar co secretario xeral de Nacións Unidas António Guterres, no que foi o seu quinto encontro persoal. Esta vez para falaren de Ucraína e doutros temas internacionais.

E finalmente acabará a súa xornada no Harvard Club, onde recibirá o premio Foreign Policy Association en recoñecemento do chamado internacionalismo responsable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade