Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suavízanse as temperaturas tras unha fría fin de semana

Suavízanse as temperaturas tras unha fría fin de semana

En calvos de Randín chegaron a 5,7 graos baixo cero

Néboas e xeadas por toda a provincia

G24.gal 08/11/2021 13:04

Verín amencía este luns cuberto pola néboa, un fenómeno que aínda facía máis intensa a sensación de frío. E é que durante a noite o termómetro caeu ata un grao baixo cero.

Foi a tónica da fin de semana, cunhas noites xélidas na provincia de Ourense que invitaban os veciños a quedar na casa.

A temperatura máis baixa da fin de semana rexistrouse en Calvos de Randín, onde o mercurio descendeu ata case seis graos baixo cero. As xeadas espalláronse por case toda a provincia e o inverno xa asoma. 

Para os vindeiros días agárdase que as temperaturas mínimas vaian subindo en todo o territorio ourensán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos