Publicador de contidos
Publicador de contidos

As cubas de Alcoa apáganse entre sensacións de tristura e incerteza

As cubas de Alcoa apáganse entre sensacións de tristura e incerteza

Os traballadores seguirán un procedemento para facilitar o arranque das cubas, outra vez, en 2024
 

G24.gal 20/01/2022 07:56

España deixa de producir aluminio primario. Este xoves remata o proceso de apagado das cubas na factoría de Alcoa San Cibrao. Péchase unha etapa e xa se traballa na seguinte, que virá a partir de 2024.

As 512 cubas da factoría de Alcoa están xa apagadas e os traballadores viven o momento con tristura. Esta é unha xornada agridoce para eles que din que o paro na produción foi a única alternativa que lles quedou.

As esperanzas están postas agora na reactivación da factoría en 2024, pero a data agárdase con incerteza. Entre tanto, moitos veciños aínda non dan creto ao que está a pasar e non entenden como España vai quedar sen produción de aluminio privado.

Moitos veciños de San Cibrao desconfían de que a multinacional non cumpra o pactado e acabe pechando. Din que sería algo moi grave para o futuro das familias e dos negocios de toda a comarca. As cubas apáganse agora por segunda vez na historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade