Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fochas na A-52 dificultan a condución entre Ourense e Benavente

Fochas na A-52 dificultan a condución entre Ourense e Benavente

O servizo de conservación da autovía agardar a que pase a choiva para realizar melloras parciais do firme

G24.gal 03/04/2024 14:28

O treito da A-52 entre Ourense e Benavente é un pesadelo para os usuarios. Fochas e gretas están presentes en ambas as direccións segundo conta un condutor que acaba de facer o traxecto dende Benavente.

Os transportistas que xa coñecen ben as fochancas desta autovía, intentan sortealas evitando o carril da dereita que ao soportar peso pesado é o máis prexudicado.

Malia que si hai anacos parcheados, hai outros que levan tempo agardando un arranxo.

Hoxe o servizo de conservación da A-52 estaba cambiando as varandas de protección, pero para as próximas melloras parciais do firme agardarán a que pase esta choiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade