Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fomento rexeita a reforma da nacional 541 ao non estar entre as de alta concentración de accidentes

Fomento rexeita a reforma da nacional 541 ao non estar entre as de alta concentración de accidentes

O concello de Cerdedo-Cotobade pedira en setembro unha reforma integral da vía 

G24.gal 28/12/2022 19:49 Última actualización 28/12/2022 20:12

O alcalde de Cerdedo-Cotobade tiña pendente unha resposta do Goberno central sobre a súa petición dunha reforma integral da nacional 541. Jorge Cubela vailles pedir o apoio a todas as corporacións polas que pasa esta vía.

Mentres segue a investigación do accidente da Noiteboa, o Ministerio de Fomento informou nas últimas horas a Televisión de Galicia que esta estrada non se considera de alta concentración de accidentes e ningún dos seus treitos, incluídos os 28 kms que pasan por Cerdedo-Cotobade, ten sinistralidade superior á media estatal.

Engaden que o lugar do accidente é un treito recto con boa visibilidade no que realizaron obras de mellora da sinalización e balizamento en 2021 e 22 así como que non lles constan anteriores accidentes no lugar.

A veciñanza está en desacordo e, mentres lembran os accidentes máis próximos, achacan os problemas de seguridade, como os embalsamentos de auga, xustamente ás últimas obras na estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade