Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ford, condenada en Pontevedra polos danos causados polo cártel do coche

Ford, condenada en Pontevedra polos danos causados polo cártel do coche

Terá que indemnizar con 1.954 euros o comprador dun vehículo afectado polas prácticas deste colectivo

Xulgado do Mercantil de Pontevedra Xulgado do Mercantil de Pontevedra
G24.gal 05/07/2023 16:45 Última actualización 05/07/2023 17:21

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra condenou a Ford, empresa que formaba parte do denominado cártel do coche, a indemnizar con 1.954 euros o comprador dun vehículo afectado polas prácticas deste colectivo.

O maxistrado asegura na sentenza que quedaron "suficientemente acreditados" os danos aos compradores finais de automóbiles por parte do cártel, os cales se traduciron "no pago dun sobrecusto á hora de realizar a compra".

A compensación ao afectado quedou fixada nun 10 % do prezo do turismo, adquirido en xuño de 2006.

A sentenza fundaméntase na resolución do 23 de xullo de 2015 da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia sobre fabricantes de coches, na cal, entre outras, foi sancionada Ford, por formar parte do cártel entre febreiro de 2006 e xullo de 2013.

A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de apelación ante a Audiencia de Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade