Formoso anuncia primarias en setembro para elixir o candidato socialista á Xunta
Formoso anuncia primarias en setembro para elixir o candidato socialista á Xunta
O secretario xeral dos socialistas galegos anunciouno durante a reunión do Comité Nacional Galego en Santiago
Non desbota lograr a Deputación de Ourense
A dirección socialista é partidaria de non entrar no goberno de Santiago, pero garante o apoio aos "bos proxectos"
Será en setembro. É o mes que marca no calendario o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, para a convocatoria de primarias no partido para a elección do candidato socialista nas próximas autonómicas.
Fixo o anuncio este domingo en Santiago durante a reunión do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE coa participación dunhas 200 persoas. Asegura que realiza o anuncio con tempo e para que todos poidan explicar ben o seu proxecto se así o desexan, sen poñer obstáculos. Asegura que o obxectivo é "estar preparados para ese proceso, onde imos gañar a Presidencia da Xunta coa mesma ilusión coa que imos manter a presidencia do Goberno de España", aseguraba Formoso.
Arengou os dirixentes socialistas galegos a afrontar con ilusión a próxima cita electoral do 23 de xullo para mobilizar o electorado e traballar, "sen dar nada por perdido".
No encontro, coa presenza de Besteiro despois de moito tempo, os socialistas repasaron os resultados das municipais.
Dixo que non desbotan lograr a Deputación de Ourense e recalcou a decisión de apoiar o goberno de Goretti Sanmartín do BNG en Santiago, pero sen formar parte do executivo compostelán.
"Ningún bo proxecto vai quedar no caixón polo PSOE", incidiu o máximo responsable dos socialistas galegos.