Formoso di que parten cun partido forte e con candidaturas gañadoras
Formoso di que parten cun partido forte e con candidaturas gañadoras
O líder dos socialistas galegos asiste á presentación da candidatura de Sheila Rial á alcaldía de Zas
O líder do PSdeG participou este domingo na presentación da candidatura socialista de Sheila Rial Mata á alcaldía do concello de Zas.
Nese acto Valentín González Formoso amosouse confiado co resultado que os socialistas galegos acadarán nas vindeiras eleccións.
O secretario xeral do PSdeG asegurou que parten con candidaturas gañadoras, cun partido socialista "forte no eido municipal" e cun proxecto no que priman as políticas de protección social e o desenvolvemento das potencialidades socioeconómicas de Galicia.
"As vindeiras eleccións contan cun fío condutor, que é un PSdeG moito máis forte, cun equipo poderoso que transfira desde o eido municipal un proxecto que confronta claramente cun proxecto privatizador, liberalizador, onde a protección social na Xunta non é a súa bandeira e que resigna a Galicia a renunciar a todo aquilo que o PSdeG quere poñer en valor, que é o talento, que é a súa xuventude, que son as súas potencialidades socioeconómicas", di Formoso.