Formoso e Besteiro apelan ás primarias para decidir o candidato do PSdeG
Formoso e Besteiro apelan ás primarias para decidir o candidato do PSdeG
Recordaron que na actualidade os socialistas galegos están centrados nos comicios municipais do 28 de maio
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o exlíder do partido e actual delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, apelaron á celebración de eleccións primarias para decidir o candidato socialista ás próximas eleccións autonómicas.
En conferencia de prensa e cuestionado polo futuro do partido tras a rehabilitación de Besteiro despois de que quedasen arquivadas todas as súas causas xudiciais, o actual líder do PSdeG celebrou que a formación que lidera conte cun “un equipo enorme, potente e ilusionado”.
Con todo, o futuro do PSdeG “será deseñado" polas bases dun partido “que non di que é demócrata, senon que exerce como demócrata” no marco dunhas eleccións primarias que se celebrarán “cando toque”.