Forte caída da banca na bolsa española tras o novo imposto anunciado polo Goberno
Forte caída da banca na bolsa española tras o novo imposto anunciado polo Goberno
O IBEX 35 perdeu 0,4 puntos na súa terceira xornada consecutiva á baixa
A bolsa española baixa o 0,62 % e aproxímase aos 8.000 puntos
A bolsa nacional baixou este martes un 0,62 % e achégase a 8.000 puntos prexudicada pola caída da banca ante o anuncio de Pedro Sánchez sobre os impostos que lles imporá o Estado español, e tamén pola lixeireza das ganancias de Wall Street e doutras prazas europeas.
O IBEX 35 perdeu na súa terceira xornada consecutiva á baixa 50,4 puntos, e respecto ao peche do ano pasado descende un 8,02 %.
O anuncio do presidente do Goberno sobre os impostos á banca truncou a recuperación da bolsa nesta sesión, en que o euro e o dólar equipararon o seu valor no mercado de divisas, e o prezo do barril de petróleo Brent perde máis do 6 % rozando os 100 dólares.
Dos grandes valores, Repsol perdeu o 5,73 % (terceira maior caída do IBEX), BBVA o 3,77 %, Banco Santander o 3,65 % e Iberdrola o 0,25 %.
Pola contra subiron Inditex cun 3,16 % (terceiro posto por ganancias do IBEX) e tamén Telefónica cun 0,69 %.
Reacción da patronal bancaria ao imposto anunciado polo presidente do Goberno. O voceiro da Asociación Española da Banca afirma que reflicte a "improvisacion xurídica" en que opera o sector e agrega que a suba dos tipos de xuro non ten por que traducirse en que os bancos incrementen os seus beneficios.