Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Fotografía a cegas', outro xeito de achegarse á imaxe sen empregar a vista

'Fotografía a cegas', outro xeito de achegarse á imaxe sen empregar a vista

Unha vintena de persoas participan neste obradoiro no useo do Mar de San Cibrao

G24.gal 13/04/2024 21:00 Última actualización 13/04/2024 21:39

Celébrase esta fin de semana a sexta edición de 'Fotografía a cegas', un proxecto organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo especialmente ideado para persoas invidentes ou con visión débil.

Entre os obxectivos do obradoiro está o de ofrecer experiencias artísticas novas, diferentes ás habituais, nas que se enxalza o traballo dos outros sentidos

Inicialmente estes obradoiros naceron como resultado da adaptación do posto de traballo de Ángeles, muller practicamente invidente e traballadora da Rede Museística Provincial de Lugo.

Os obradoiros están abertos a calquera interesado en enfrontarse á imaxe empregando máis sentidos ca vista. Traballan con cianotipia.

O curso desenvolveuse no Museo do Mar de San Cibrao e participaron unha vintena de persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade