Conde: "A sentenza de Ence abre unha oportunidade para outras industrias"
Conde: "A sentenza de Ence abre unha oportunidade para outras industrias"
O vicepresidente primeiro da Xunta considera que o ideal sería que o Goberno rectificase a súa política
A Xunta afirma que a sentenza que permite que Ence siga instalada na ría de Pontevedra servirá de precedente para outras empresas que tamén están pendentes da renovación de Costas.
Díxoo no Galicia por diante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía Francisco Conde, quen matizou que en calquera caso o ideal sería que o Goberno rectificase a súa política e asumise que é posible compatibilizar a actividade económica coa protección do litoral.
"A sentenza marca unha visión moi clara desa compatibilidade da actividade económica co dominio público marítimo-terrestre. Identifica que efectivamente é perfectamente compatible a actividade económica coa protección ambiental no espazo marítimo-terrestre. É o que vén defendendo a Xunta de Galicia e que agora ratifica e valida o propio Tribunal Supremo".
"É moi importante non só para Ence, senón para o resto de industrias que nestes momentos están tramitando a ampliación das concesións e que na medida en que haxa esa avaliación ambiental favorable abre unha oportunidade para permitir esa compatibilidade".
"Esperamos que poida haber unha rectificación por parte do Goberno desde o punto de vista do regulamento que ten aprobado. A lei marca eses 75 anos para a duración das concesións e o regulamento establece 30, polo que hai unha primeira restrición".
"Esperamos que o Goberno poida resolver todas as solicitudes que ten nestes momentos que sexan compatibles e teñan esa avaliación ambiental favorable".