Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gainzaraín fala dunha falta de 'feeling' coa presidenta para a súa saída do Celta

Gainzaraín fala dunha falta de 'feeling' coa presidenta para a súa saída do Celta

O aínda CEO do club vigués defendeu a súa xestión desde a súa chegada en outubro de 2023

G24.gal 28/03/2025 19:44

José Gainzaraín, CEO do Celta, sinalou que a súa probable saída do club está motivada máis por unha perda de 'feeling' da presidenta Marián Mouriño cara á súa persoa que por unha mala xestión. Nunha carta entregada aos medios de comunicación o aínda dirixente celeste recorda que a situación que atopou ao comezo da campaña 23-24 era "preocupante" a pesar de que o club estaba saneado pola súa "prudente" xestión económica nos anos premios. 

"A política de fichaxes da tempada 22-23 e da 23-24 incluíndo a contratación de Benítez e o seu corpo técnico obrigounos a afrontar uns compromisos de pago desorbitados, enfrontándonos á necesidade de vender xogadores revalorizados para poder cadrar as contas" explicou Gainzaraín. 

Foi por iso polo que elaboraron un plan estratéxico baseado na "reconexión" co seareiro e as institucións, a "promoción" dun adestrador de canteira, "limitar o número de fichaxes a postos moi específicos" e a procura de máis "ingresos comerciais". 

"Na área corporativa incrementamos os ingresos nun 40% e o resultado bruto nun 190% en relación á campaña 22-23. Nesa liña hai que seguir para en dous ou tres anos intentar compensar o oco que deixa o gasto deportivo e non depender de vendas de xogadores", detallou o aínda CEO do Celta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos