Galicia amence con temperaturas baixo cero
Galicia amence con temperaturas baixo cero
Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima con -6 graos centígrados
Galicia amenceu este luns con temperaturas baixo cero. Un frío que deixou imaxes xélidas na meirande parte da comunidade.
Calvos de Randín, na provincia de Ourense, rexistrou a mínima de Galicia, menos seis graos centígrados. Pero non foi a única localidade con temperaturas baixo cero; nas provincias de Lugo e no interior da Coruña e de Pontevedra os termómetros chegaron a marcar menos tres graos. Unhas temperaturas que nalgunhas zonas non viron en todo o inverno.
O frío seguirá acompañándonos esta noite e incluso poderán rexistrarse precipitacións en forma de neve por riba dos mil metros. A partir de mañá volverán as chuvias a toda Galicia, e con elas temperaturas máis suaves.