Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia baixa do milleiro de contaxios diarios despois de dous meses e medio

Galicia baixa do milleiro de contaxios diarios despois de dous meses e medio

Os casos activos e as hospitalizacións continúan en descenso

O Sergas notificou dous falecementos nas últimas horas

G24.gal 27/02/2022 10:17

A situación da covid-19 segue mellorando e Galicia baixa do milleiro de contaxios diarios por primeira vez desde hace dous meses e medio. 

Segundo datos facilitados polo Sergas, nas últimas 24 horas diagnosticáronse 952 novos positivos, 330 menos ca na xornada anterior. Só a área de Vigo supera os 200.

Tamén continúa a diminución das infeccións activas que este domingo xa baixan das 20.000. Un total de 19.768 persoas padecen a doenza, 1.526 menos das rexistradas o sábado. 

Do mesmo xeito, diminúen as hospitalizacións. Nas unidades de coidados intensivos quedan 24 pacientes (-1) e en planta 424 (-7). En total, hai 448 persoas ingresadas coa enfermidade (-8).

Ademais, descende o número de vítimas mortais contaxiadas. Este domingo notificáronse dous falecementos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos