Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, capital mundial da maxia e do ilusionismo ata mediados de outubro

Galicia, capital mundial da maxia e do ilusionismo ata mediados de outubro

Un home flotante nun edificio melidense inaugura o festival 

A última gala terá lugar en Santiago o 15 de outubro

G24.gal 01/08/2022 19:33

O Festival Galicia Ilusiona vai percorrer toda a comunidade ata mediados de outubro con máis de 220 actuacións. Hoxe arrincou en Melide para sorpresa dos viandantes.

Os turistas e veciños non puideron sorprenderse máis. Iso tan abraiante, capaz de parar os peóns dunha rúa de Melide, era un home flotante, a acción inaugural e por sorpresa do Festival Galicia Ilusiona 2022 que engaiolou a canto turista e veciño paseaba este luns pola vila.

E quen máis e quen menos teimou sobre cal era o truco: que se estaba pegado con pegamento, que se a man era falsa ou se tiña algo metido pola manga como un arnés.

Foi a primeira das 220 actuacións gratuítas de magas e magos que van repartir o seu don por un cento de concellos galegos. Ilusións que tamén saben ser solidarias como nos conta Pedro Bugarín, director do Festival Galicia Ilusiona 2022. 

"Maxia solidaria nos hospitais para os rapaces e rapazas que non poidan acudir ao festival e levarlles nós a maxia alí"

Haberá tamén sete galas internacionais nas principais cidades de Galicia con magos e magas de todo o mundo. 

"Desde Corea, China, EUA, Francia ou Venezuela, que terán un custo reducido de 12 euros e será a única actuación de pago. O resto das 220 actuacións serán gratuítas", comenta Bugarín.

Tamén serán de balde os desafíos extremos nos que os ilusionistas intentarán escapar de camisas de forza, de ataduras, dun tanque de auga ou dun forno.  Ata o 15 de outubro, prepárense a aguantar a respiración e abrir ben a boca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar