Galicia é a sexta comunidade con maior número de radares
Galicia é a sexta comunidade con maior número de radares
Publicado o III Observatorio de Radares en España
Con 182 cinemómetros, Galicia é unha das comunidades con máis controis de velocidade
O III Observatorio de Radares en España xa foi publicado e Galicia unha vez máis sitúase como a sexta comunidade onde máis hai.
"Habelos hainos, como din aquí en Galicia", comenta un home.
Son en total 182, 10 máis que o ano pasado.
"182, pois moitos me parecen".
"Si que me parecen un pouco excesivos, a verdade".
"Fan moita falla porque a xente anda tola, anda a correr", opinan na rúa.
O exceso de velocidade é un dos principais factores de risco nas estradas, de aí a importancia de aumentar o investimento en sistemas de control, un tema que sempre xera moita controversia.
"Si que é certo que hai xente que ao volante esquece que hai límites".
"Hai algúns que penso que están ben colocados e que poden salvar dalgún accidente e todo pero hai outros que están un pouco.... Xusto hai un sinal de 50 e outro de 70 diante e aí está agochado".
"Paréceme unha boa solución, aínda que deberían subir un pouco o índice de velocidade".
"É certo que axuda moito ao tema da seguridade pero ás veces é un pouco abusivo", relata a xente.
A maior parte dos radares que hai en Galicia son fixos e están situados en estradas convencionais por ser as que acumulan o maior número de sinistros con resultado mortal.
"Son estradas máis sinuosas, perigosas entón entendo que en certa medida que si que poidan poñer máis radares", fala un rapaz .
Dentro de Galicia, A Coruña, con 77 cinemómetros, é a provincia que máis ten, de feito ocupa o posto un décimo na listaxe nacional.