Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia-Norte de Portugal capta o 60 % dos fondos da UE á fronteira

Galicia-Norte de Portugal capta o 60 % dos fondos da UE á fronteira

Alfonso Rueda destacou o traballo da eurorrexión como exemplo de cooperación transfronteiriza

G24.gal 27/01/2022 21:29

O vicepresidente primeiro da Xunta destacou hoxe o traballo da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como exemplo de cooperación transfronteiriza para mellorar a vida dos cidadáns de ambos os dous lados da raia.

Foi nunha visita de Alfonso Rueda a Ponte da Barca, vila limítrofe co concello ourensán de Lobios. No castelo de Lindoso, o vicepresidente primeiro da Xunta puxo en valor o traballo da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Alfonso Rueda lembrou que esta eurorrexión logrou captar o 60 % dos fondos que a Unión Europea destina a toda a fronteira entre España e Portugal. O vicepresidente primeiro da Xunta e o presidente da Cámara Municipal confían en repetir o éxito na próxima convocatoria destes fondos comunitarios.

Os dous mandatarios tamén destacaron a oportunidade que poden supoñer os fondos de recuperación Next Generation para lugares con tanto potencial como o Parque Natural da Serra do Xurés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade