Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia participa no primeiro Congreso Europeo polo Reto Demográfico

Galicia participa no primeiro Congreso Europeo polo Reto Demográfico

A Xunta é pioneira en políticas para fixar poboación no rural

G24.gal 18/11/2021 14:00

En Estremadura comezou o primeiro Congreso Europeo polo Reto Demográfico. Aquí poranse en común as políticas públicas que se están a desenvolver para loitar contra a despoboación. Galicia é unha das comunidades pioneiras en España en incentivar este iniciativas destinadas a fixar poboación.  A conselleira de Política Social, Fabiola García, expuxo as medidas levadas adiante pola Xunta como a lei de impulso demográfico, as casas niños ou a estratexia retorna.  

A Consellería de Política Social destaca que en Galicia impleméntanse as medidas destinadas a apoiar a familia tales como a gratuidade na educación infantil, a través tamén das casas niño e as casas do maior no rural e apoiando tamén todos os galegos da diáspora a través do programa Retorna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade