Gandeiros estudan mobilizacións pola caída do prezo do leite nun 20 % no que vai de ano
Gandeiros estudan mobilizacións pola caída do prezo do leite nun 20 % no que vai de ano
Agromuralla reclamálles as administracións medidas urxentes para evitar máis peches de explotacións
Os gandeiros cobran menos pero o prezo do leite no supermercado manténse, segundo Agromuralla
A nova baixada do prezo do leite pon en pé de guerra moitos gandeiros galegos. Acusan a industria e a distribución dunha baixada acumulada do 20 % no que vai de ano. Non entenden como eles cobran cada vez menos mentres que no supermercado subiu lixeiramente o litro de leite, o queixo e outros produtos lácteos.
Agromuralla, un colectivo que convocou xa varias tractoradas nos últimos anos, estuda novas mobilizacións para esixir medidas que garantan a viabilidade do sector. Din que moitas explotacións están en situación límite e temen novos peches se as administracións públicas non actúan.