Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entre 300 e 400 mozos incorpóranse á actividade gandeira cada ano en Galicia

Entre 300 e 400 mozos incorpóranse á actividade gandeira cada ano en Galicia

Garanten a remuda nas explotacións familiares e fixan poboación no rural

Tania, de 29 anos, decidiu coller a explotación gandeira dos seus pais na Fonsagrada
G24.gal 11/03/2024 19:59 Última actualización 11/03/2024 20:16

Tania ten 29 anos, leva sete na explotación familiar e sempre tivo claro que quería darlle continuidade cando os seus pais se xubilasen. A casa máis próxima está a un quilómetro, o lugar máis próximo a media hora. Pero iso non foi obstáculo para crear nesta aldea da Fonsagrada o seu proxecto vital.

Di que é un traballo sacrificado, pero anima a outros mozos a seguiren ese camiño, convencida de que o rural ofrece moitas oportunidades e que deste xeito pode loitarse contra o seu abandono. 

Tania pasou de 60 a 240 vacas, traballa totalmente en extensivo e pertence a Asociación de gandeiros da Fonsagrada, que é a que comercializa a produción cárnica de moitas explotacións locais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade