García: "Nós queremos colaborar na acollida, pero entendemos que non é de recibo que o Goberno actúe de costas"

García solicitou máis información, saber cantas persoas van chegar, as condicións sanitarias en que veñen e canto tempo van estar en Galicia

A conselleira de Política Social afirmou que 750.000 maiores de 65 anos recibirán na súa casa o Carné +65

Fabiola García estivo no informativo 'Bos días'
G24.gal 02/11/2023 09:58

Falta de información e de planificación. É o que se escoita nestes días por parte de autonomías e de concellos que xa están acollendo inmigrantes procedentes das Canarias. Desde o Goberno central aseguran que se informou dos detalles. No informativo Bos días analizaron cal é a situación neste momento coa conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García.

O Goberno galego é un dos que demanda información destes traslados, a conselleira de Política Social afirmou que "levan semanas trasladándolle ao Goberno a nosa plena disposición a colaborar nesta acollida de persoas, pero entendemos que non é de recibo que o Goberno actúe de costas á propia comunidade autónoma e aos alcaldes".

"Nun principio dixéronnos que ían chegar 400 persoas migrantes, 350 a Sanxenxo, agora xa parece que non son 350 se non 70 o 80. Dixeron que ían chegar 40 a Sobrado dos Monxes e o seu alcalde socialista dixo que alí non quería que foran e polo tanto foron ao Porriño", destacou Fabiola García.

A conselleira de Política Social subliñou que "nos queremos colaborar dentro das nosas competencias, como poden ser sanidade ou educación en caso de que cheguen menores de idade". García solicitou máis información, saber cantas persoas van chegar, as condicións sanitarias nas que veñen e canto tempo van estar en Galicia.

Sobre o argumento que emprega o Goberno central, Fabiola dixo que "é competencia deles facer esa distribución, pero que teñen que haber uns criterios e comunicación cunha administración autonómica e as administracións locais". 

"O único que queremos é que as cousas saian ben, saber as condicións sanitarias desas persoas porque se algo lles acontece nos temos que darlle unha resposta sanitaria", afirmou García.

Polos datos oficiais, sábese que hai 40 persoas distribuídas entre Coruña e Vigo, outras 40 no concello do Porriño e chegarán 70 ou 80 a Sanxenxo. A conselleira destacou que "non é a primeira vez que Galicia acolle migrantes e que é unha terra solidaria e acolledora".

Bono coidado universal

A Xunta destinará 100 millóns de euros ao Bono coidado universal, unha axuda de 5.000 euros ao ano para todas as persoas dependentes que reciben atención na casa. Esta axuda chegará a todas as persoas nesta situación, sen importar o seu grao de dependencia ou os ingresos económicos que teñan. Con este bono universal, Galicia é a primeira comunidade autónoma que emprende o camiño cara á a universalización dos coidados. A conselleira de Política Social afirmou que "é un apoio necesario e fundamental este novo bono na contorna familiar".

"Queremos que as persoas que queren continuar vivindo en casa, que o poidan facer e que estean ben coidadas e atendidas", subliñou García.

O Bono Concilia non hai que solicitalo, todas as persoas que xa estaban recibindo esa libranza de coidados na contorna familiar van recibir de forma automática eses 5.000 euros cada ano. As persoas que non o reciben teñen que solicitar a dependencia e solicitar esta nova prestación.

A Xunta vén de aprobar un novo decreto de dependencia que axiliza todos os trámites administrativos. Se antes era necesario presentar ata 13 documentos agora tan só dous: un médico e un informe social.

Carné +65

Política Social anunciou un programa de viaxes nacionais e internacionais para maiores de 65 años. Este será un dos beneficios do Carné +65 e a idea é poñelo en marcha ao longo do ano que vén. Segundo Fabiola García, os maiores de 65 anos, uns 750.000 en Galicia, recibirán na casa o carné.

"Terán descontos e permitiralles viaxar no transporte interurbano que depende da Xunta de Galicia de maneira gratuíta", destacou a conselleira.

Residencia Amancio Ortega

A primeira residencia da Fundación Amancio Ortega está en Santiago. Conta con 120 prazas e estará en funcionamento o primeiro trimestre de 2024. Esta é a primeira que haberá nas cidades galegas. Fabiola García quixo agradecerlle á fundación por facer un Galicia unha das mellores residencias de Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade