Publicador de contidos
Publicador de contidos

García-Page enfróntase a Pedro Sánchez pola rebaixa de penas para o delito de malversación

García-Page enfróntase a Pedro Sánchez pola rebaixa de penas para o delito de malversación

"É intolerable pactar cos delincuentes as súas propias condenas", di o barón socialista

ERC intentará negociar un referendo pactado para Cataluña

G24.gal 13/12/2022 19:13 Última actualización 13/12/2022 19:25

O Congreso convoca para este xoves o pleno para aprobar a reforma do Código Penal que elimina o delito de sedición e rebaixa as penas para o de malversación.

A oposición arremete contra o Goberno, ao que acusa de poñer as leis ao servizo dos independentistas.

As críticas xorden tamén dentro do propio PSOE. Emiliano García-Page amosou publicamente o seu desacordo e asegurou que é un momento grave para a política española.

Para o barón socialista cruzouse unha liña vermella co independentismo.

 "Non é tolerable pactar cos delincuentes a súa propia condena. E iso é exactamente o que se está facendo", di.

Desde o Goberno negan que estean pagando unha peaxe a Esquerra Republicana.

"É un obxectivo de Goberno, recuperar a concordia e a convivencia", di Isabel Rodríguez, a portavoz do Goberno. 

Félix Bolaños, o ministro da Presidencia, asegura: "Non hai ningún feito da sentenza do procés que quede despenalizado, ningún".

O Partido Popular pide a convocatoria de eleccións e critica a reforma exprés do Código Penal. 

 "Esta non é unha modificación calquera do Código Penal, esta é a entrega do Código Penal aos que cometeron delitos", asegurou Cuca Gamarra.

ERC ameaza cun novo referendo para Cataluña.

Allea ás críticas, Esquerra Republicana anuncia que tras pechar a reforma do Código Penal intentará negociar un referendo para Cataluña.

Pretende pactalo co Estado, e ten deseñadas incluso as condicións: a independencia sería viable cunha participación do 50% do cento da poboación, e cun 55% de votos a favor. Desde o PSOE rexeitan de plano esa posibilidade.

Gabriel Rufián, de ERC, di : "por nós sería mañá mesmo, porque entendemos que é a mellor maneira de solucionar os conflitos políticos. É unha proposta política, que espera contrapropostas políticas".

Patxi López, do PSOE contéstalle: "Radicalamente digo que este grupo, este partido e este Goberno non van aceptar ningún referendo de independencia en Cataluña. Cando alguén pida un referendo de independencia nós poremos enriba da mesa un estatuto"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade