Gastamos unha media de 30 euros en flores para honrar os nosos defuntos
Gastamos unha media de 30 euros en flores para honrar os nosos defuntos
A primeira tumba coñecida adobiada con flores data de 11.000 anos antes de Cristo
A festividade católica de Todos os Santos instaurouse no século VIII e cen anos despois naceu o Día dos Fieis Defuntos
O sector da flor cortada en Galicia dálles emprego directo a 1.500 persoas, o 90 % son mulleres vencelladas ao rural
Santos e Defuntos son só dous días. Porén, para esas datas o gasto que os galegos facemos de flores dispárase coa tradición de visitar os cemiterios. Para os negocios de flor é a mellor temporada de vendas do ano.
Crisantemos e rosas seguen sendo as raíñas nestas datas. A cor, a branca. Innovación e estridencias quedan fóra en Defuntos.
Visitamos unha florería-produtora de referencia en defunción na provincia de Pontevedra en que traballan 8 mulleres e un home, entre eles, Noelía Sías, considerada unha das mellores artesás floristas de España dos últimos anos.