Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Aspas e Fer López poden xogar xuntos pero mañá non sucederá de inicio"

Giráldez: "Aspas e Fer López poden xogar xuntos pero mañá non sucederá de inicio"

O Celta-Osasuna será o derradeiro coa bancada de Gol

O adestrador do Celta negou ter “algún problema” co defensa Javier Manquillo

G24.gal 20/02/2025 15:29 Última actualización 20/02/2025 15:38

Das dificultades do partido ante Osasuna, a posibilidade de ver xuntos no campo a Iago Aspas e Fer López, da clasificación ou da despedida da bancada de Gol, falou Claudio Giráldez na previa do partido deste venres.

Claudio espera un partido “moi difícil” ante Osasuna, un equipo “moi rochoso” e ao que é difícil, advertiu, “meterlle man” porque manexa moitas situacións do xogo “de forma brillante”.

“Quedan 14 xornadas, temos que estar centrados en cada partido. Sabemos que encadear varios resultados positivos pódenos meter máis arriba, pero tamén que facelo con resultados negativos pódenos meter máis abaixo. Seguimos pelexando para ser máis sólidos e aspirar a máis”, indicou.

O adestrador do Celta negou ter “algún problema” co defensa Javier Manquillo, a quen ve “adestrando con normalidade” a pesar de deixalo fóra das últimas convocatorias.

O técnico celeste falou tamén do conflito cos árbitros.

Tamén falou da posibilidade de que Aspas e Fer López xoguen xuntos.

"Si, é posible que Iago e Fer xoguen xuntos, os bos xogadores enténdense. É verdade que teñen características similares".

O Celta-Osasuna será o derradeiro coa bancada de Gol.

"É unha parte do progreso do club. É un día nostálxico, o meu primeiro partido en Balaídos foi nesa bancada, pero hai que velo con optimismo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade