Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giráldez confía nos recursos do equipo para recibir o Raio Vallecano

Giráldez confía nos recursos do equipo para recibir o Raio Vallecano

O técnico ve o equipo preparado para facer dano en transición e deixar espazo ás costas

Advirte do dano que pode facer o equipo madrileño

G24.gal 30/03/2024 14:40

Claudio Giráldez falou na previa do partido entre Celta e Raio Vallecano, que semella que será trascendental na loita pola permanencia na Primeira División. O adestrador porriñés falou do apoio da bancada:

"Esa unión e esa comunión que hai é superpositiva e hai que saber levala, ter os pés no chan".

As características do seu equipo:

"Sei que temos recursos no equipo para facer dano en transición, no espazo, podemos ser pouco previsibles a nivel ofensivo e oxalá sexa o partido como nós queremos. Se queremos defender lonxe da portería imos ter espazo ás costas. É un risco que temos que asumir e unha responsabilidade que asumo eu como adestrador. "

Os puntos fortes do rival:

"O Raio é un equipo agresivo na presión que vén de facer un partido moi bo contra o Betis, onde conseguiu a primeira vitoria con este adestrador. Amosaron ser un equipo agresivo cara a diante e agardamos esa inercia".

Sobre a polémica de Larsen:

"O de Larsen é un tema pechado, ninguén co seu xuízo san pensaría que el quixo dicir o que se traduciu. Creo que fixo ben en aclaralo para que a xente quede tranquila co que el pensa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar