Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goberno e oposición inician o curso político marcado pola inflación e as turbulencias económicas

Goberno e oposición inician o curso político marcado pola inflación e as turbulencias económicas

Esta semana retómanse os Consellos de Ministros e a actividade habitual no Congreso

G24.gal 22/08/2022 14:50

O Goberno e a oposición preparan unha intensa semana de actividade política á volta das vacacións. A prioridade para o executivo, di a portavoz, é dar resposta ás necesidades económicas do país, pero non desbota a remodelación do Goberno en que insisten desde o Partido Popular.

Desde o executivo acusan o líder dos populares de falta de sentido de Estado. Di a súa portavoz, Isabel Rodríguez, que as palabras de Alberto Núñez Feijóo reflicten "inmadurez e cinismo".

O Partido Popular avanza un outono complicado para a economía e o emprego cun Goberno, din, que está dividido e paralizado ante os problemas do país. O seu coordinador xeral, Elías Bendodo, asegura que os ministros están ocupados en buscar o insulto máis grande para Feijóo e contentar a Pedro Sánchez.

O curso político virá marcado por un completo calendario electoral con citas municipais e autonómicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar